Friday 26 de April de 2024

Un cento de persoas desfrutan do espectáculo “MeRe-cidamente” no campo da festa de Lestedo


Máis dun cento de persoas desfrutaron este domingo da actuación de MeRe Clown no campo da feira de Lestedo, onde puxo en escena o seu espectáculo “MeRe-cidamente”, programado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña. Unha actuación familiar de case unha hora que fixo desfrutar ás familias do municipio.

“MeRe-cidamente” é a historia dun torpe artista itinerante ao que lle todo lle sae mal. Clown, malabares e equilibrios conforman un espectáculo no que prima a participación e a interacción co público.